viernes, 1 de abril de 2022

Proxecto interdisciplinar: "A ciencia na banda deseñada"

 O alumnado de 4º da ESO está a levar a cabo un proxecto interdisciplinar con motivo do Festival do Libro que xira en torno á banda deseñada e á ciencia. Logo de analizar a forma e o estilo deste xénero artístico, fixeron unha busca online de personaxes de comic que presentan mutacións xenéticas.








Cada alumno/a xa ten elixida a súa personaxe e está a crear unha presentación seguindo estas directrices:

  • REVISA E SELECCIONA UNHA PERSONAXE DE CÓMIC CON CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS.
  • INDICA TÍTULO, AUTOR DO CÓMIC E CREADOR DO PERSONAXE.
  •   IDENTIFICA A PRESENZA DE MUTACIÓNS NA PERSONAXE ELIXIDA.
  • RELACIONA A MUTACIÓN NA FICCIÓN CUNHA POSIBLE MUTACIÓN NA VIDA REAL. 
  • ILUSTRA A PERSONAXE E A MUTACIÓN.
  • INSIRE OS ELEMENTOS QUE CONSIDERES OPORTUNOS.
  • COMPARTE AS DIAPOSITIVAS PARA CREAR UNHA PRESENTACIÓN COLECTIVA

Estamos desexando ver o resultado final!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario